Queremos galego

2009-10-24

Ola de novo!

A verdade é que facía tempo que non me pasaba por aquí. Non sei se por vagancia ou porque a miña mente andaba mergullada noutras inquedanzas.

Apostaría pola primeira opción.

Dende a miña última visita pasaron moitas cousas neste recuncho do mundo. No ámbito político por exemplo, estamos xa a recibir de cheo as consecuencias do regreso de aqueles que se dedicaron a tratar as xentes deste país como meros e insignificantes »medios» para conseguir os seus fins; e os de aqueles que os soportan, non so económicamente, senón mediatica e ideolóxicamente tamén.

Xa se nota na cultura, no ámbito social, no sector público, na lingua… e na rúa.

Si. Na rúa. Podería comentar máis polo miúdo calquera dos outros exemplos que poño arriba, pero decidin que a mellor excusa para voltar a esta «terra de meigas» era a Rúa. E concretamente o que aconteceu o 18 de outubro de este 2009; a maior manifestación, a maior festa, o maior acto de defenda da nosa cultura, da nosa lingua e dos nosos dereitos como galegos.

Máis de 50.000 persoas, galego falantes ou non, de dereitas ou de esquerdas, nacionalistas ou non…. falaron con unha sóa voz, para decirlle a eses que ca excusa do poder queren limitar os nosos dereitos como pobo.

Dixeronlle… QUEREMOS GALEGO!

galego_carrabouxo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pois ben. Aqui estou!